Campamento de verán en Ourense
O ‘arte dos fogóns’ chegou este verán aos campamentos inclusivos que organiza a ONCE por diferentes puntos de España, co fin de que os xoves disfruten de forma lúdica desta actividade. Así, en Ourense, 33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira, disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).
A oferta de campamentos e cursos de verán da ONCE son para todos os seus estudiantes cegos e con discapacidade visual grave e están abertos tamén á participación de nenos e nenas con outras discapacidades asociadas á cegueira e tamén a nenos e nenas sen discapacidade. Nesta ocasión, ademáis do concurso de cociña houbo actividades deportivas e de multiaventura, lúdicas e de ocio, de desenvolvemento da autonomía persoal ou de adquisición de habilidades sociais.
O concurso de cociña celebrouse o 21 de xullo, día no que os xoves recibiron tamén a visita da vicepresidenta do Consello Xeral da ONCE, Patricia SAnz, e da responsable de Servicios Sociais para Afiliados da Delegación Territorial de Galicia, Dolores Venancio. Os xoves participaron en grupos de entre 3 e 4 compoñentes.
Cada equipo elaborou unha receita que despois presentou ante o xurado seleccionador. O equipo gañador recibíu como premio un fin de semana de convivencia en Madrid, entre o 7 e o 9 de setembro, no que farán diferentes actividades de cociña dirixidas por un prestixioso chef.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30