A ONCE tamén homenaxeou a Carballo Calero
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020, a ONCE de Galicia animou aos seus afiliados a coñecer ou, no seu caso, revisar, a obra do filólogo e escritor Ricardo Carballo Calero que está dispoñible na súa Biblioteca Dixital (BDO). O profesor Ricardo Carballo Calero, figura homenaxeada iste ano, é considerado pola Real Academia Galega #8211RAG- “unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade so século XX” salientando, ademáis nel “o desenvolvemento dunha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galeguismo”.
Nos fondos da Biblioteca da ONCE, en braille e sonoro e a disposición de todos os afiliados á Organización , figuran algunhas obras de Ricardo Carballo, tales como a súa obra teatral completa, escrita na década dos setenta do século vinte e formada polas obras seguintes: O Fillo, Isabel, A Sombra de Orfeu, Farsa das Zocas, A Árbore; O Redondel, Auto do Prisioneiro e Os Xefes.
Tamén, desde hai dous anos, está a disposición dos lectores a famosa novela publicada en 1987 “Scorpio”.
O profesor Carballo Calero naceu en Ferrol en 1910, pero vivíu gran parte da súa vida en Santiago de Compostela, en cuia Universidade chegou a ser o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, ademáis de ensinar a varias xeracións de adolescentes galegas nas aulas do Instituto Rosalía de Castro da cidade compostelá, onde exerceu a docencia apartado da Universidade durante o franquismo. Licenciado en Dereiro e Filosofía e Letras pola USC e doutorado en Madrido Carvalho Calero foi o gran pensador do Reintegracionismo e desde 1981 ata a súa morte en 1990 firmou a súa obra como Carvalho CaleroAutor dunha importante obra poética, narrativa, teatral e ensaísta, a súa derradeira publicación foi “Reticencias” no ano 1990, antes do seu pasamento.
A ONCE, no Día das Letras Galegas, animou a tódolos afiliados a achegarse á lectura como unha actividade intelectual esencial para abordar a inclusión cultural e educativa das persoas cegas. Suliñou tamén que que nestes tempos que estamos a vivir coa pandemia mundial "os libros convértense nunha gran compañía", pois "cada párágrafo, cada verba, traslada aos lectores a un sinfín de escenarios, a mundos imaxinarios ou experiencias vitais, que son a fiestra pola que entra a liberdade e a evasión, tan necesarias no escenario actual".
Na actualidade, as obras escritas en galego na BDO superan as douscentas. Títulos dos autores máis senlleiros (Rosalía, Castelao, Dieste, Cunqueiro, ....) aos consagrados nas últimas décadas (Manuel Rivas, Suso de Toro, Carlos G.Reigosa, Fina Casalderrey), sen olvidar as traduccións de grandes titulos de adultos e nenos (desde Ítalo Calvino a Gerald Durrel, ), nin aos aos autores infantils e xuvenís. Entre as últimas incorporacións á BDO figuran títulos como “Senlleiras”, de Antía Vázquez, “Deus sentado nun sillón azul”, de Carlos Casares , “Déixate de contos”, de Alberto Pirata e “Memorias dunha vaca marela”, de Alfonso Eiré.
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31