A fotografía "Marexada en Testal" gaña o concurso VEO EVOLUCIÓN
O concurso fotográfico VEO EVOLUCIÓN que organizou recentemente a ONCE, no que o premio máis destacado é que os gañadores verán plasmada a súa su foto en cinco millóns de cupóns, xa ten gañador en Galicia. Pedro García Losada é o autor da fotografía “Marexada en Testal”, coa que quixo reflectir o duro traballo que enfrontan as mariscadoras da Ría de Noia-Muros durante as campañas de recollida de bivalvos, fundamentalmente de berberecho. A súa fotografía será a imaxe do cupón del próximo 26 de setembro de 2018
O obxectivo deste concurso, convocado para celebrar o 80 aniversario da ONCE, era buscar as fotografías que mellor reflicten a evolución social, en calquera das súas facetas, en cada unha das 17 Comunidades Autónomas e nas dúas Cidades Autónomas.
En total presentáronse ao concurso 1.190 fotos, delas 67 de Galicia.
A foto seleccionada polos xurado e gañador do primeir premio aparecerán impresa no cupón da ONCE, firmada co nombre e apelidos do seu autor, ademáis de ser presentada públicamente. Os autores das fotografías que non gañaron pero que obtiveron na votación os postos do segundo ao undécimo, o agasallo é un álbum Maxi Hofmann de 18 páxinas e impresión dixital. Para a terceira categoría de premios, entre todos os participantes, se sortearon moitísimos produtos de Hofmann ou descontos equivalentes. Os sorteos relizáronse ante notario.
O Xurado de Galicia encargado de decidir a fotografía gañadora estivo presidido polo delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan e formado polo presidente do Consello Territorial ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro e os xornalistas gráficos César Quián (La Voz de Galicia-Grupo Voz); Víctor Echave (La Opinión de A Coruña) e Pedro Puig de Llano (El Ideal Gallego).
- L
- M
- M
- X
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31