Visita ao Pazo de Tor

  • Boletín: NÚMERO 39. XULLO 2021

    Fachada posterior do Pazo de Tor

    Un grupo de afiliados participou nunha actividade do  programa de Museoloxía Social da Rede Museística da Deputación de Lugo, que consistíu nunha visita virtual guiada  ao  Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, e nun obradoiro, que foron desenvolvidos por Tar López, Ángeles Miguélez e Encarna Lago.

    A visita inscribeuse dentro  do programa IMAXINANDO A CEGAS, da  Rede Museística Provincial de Lugo, que na procura continua de museos igualitarios, sostibles e inclusivos, deseñou esta actividade multicanle para o colectivo de persoas con deficiencia visual severa. Con anterioridade, afiliados  da ONCE xa  xa fixeran outras dúas  visitas virtuais ao Museo Provincial do Mar e abril e  ao Museo Provincial de Lugo  en  maio deste ano.

     

    Galería do Pazo de Tor

     

    Un programa informático permite ao visitante virtual facer un percorrido completo por todo o que é visitable neste do século XVII, que alberga unha voluminosa colección de obxectos de épocaey obras de arte.  A  aplicación permite simular un paseo no que o usuario avanza ao seu antoxo polas dependencias do pazo . É unha experiencia moi similar á  que  proporciona a aplicación Google Street View,  que permite non  perderse nin un matiz dunha colección artística e histórica rica en detalles.

     

    Acceso principal ao Pazo de Tor

    n de Tor, pertence ó concello de Monforte de Lemos. As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa derradeira propietaria  María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga fixo doazón da propiedade á Deputación Provincial de Lugo. O edificio foi construído no último tercio do século XVIII , encadrable dentro do estilo barroco. 

    Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie de obras de acondicionamento e mellora do edificio e  procédese á súa musealización, que se abre ós visitantes en 2006. A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega,  senón permite tamén coñecer integramente todas as  salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas  coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño privilexiado  do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.