AVISO IMPORTANTE OS LECTORES

  • Boletín: NÚMERO 25. Abril 2020

    Temática: De Interese Cabeceira do  Boletín de Noticias ONCE-Galicia

    Debido á situación creada  pola declaración do Estado de Alarma para frear a propagación do coroavirus, decidimos adiantar a publicación deste Boletín cos temas de actualidade recollidos ata o momento que,  como poderéis  comprobar, vense mermados.

    Desde a propia ONCE  anunciouse o cese de todas as actividades socioculturais e deportivas, así como o cese total de toda a actividade comercial, polo que a partir deste momento a publicación do Boletín pode sufrir modificacións tanto nas datas de publicación, como no volume dos contidos.

    O obxectivo fundamental da ONCE nestes momentos é centrar todo o seu esforzo na atención ás máis de 72.000 persoas cegas afiliadas á Organización e ás persoas con outras discapacidades,  un colectivo especialmente sensible e vulnerable. 

    Trataremos de recopilar toda a información que sexa posible para continuar coa nosa labor de información positiva, moi necesaria nestes días e confiamos en que esta  delicada situación non se prolongue demasiado no tiempo, polo ben de toda a sociedade.

    Nestes días nos que impera a escasez informativa positiva , os animamos a que nos  acheguedes  o que consideredes interesante  recoller á dirección de correo electrónico seguinte:  boldigonga@once.es.

    Desde aquí, desexámovos a todas e todos o mellor que a ONCE pode desexar: ¡Saúde e Moita Sorte!