Camiño á Universidade
-
Boletín: NÚMERO 39. XULLO 2021
O Centro de Recursos Educativos- CRE- da ONCE en Pontevedra acolleu un ano máis as probas da ABAU para doce estudantes con discapacidade. Tres deles son afiliados á ONCE e para a súa preparación tiveron o apoio dos mestres e mestras dos Equipos Específicos de Atención Educativa da ONCE.
Un total de doces alumnos e alumnas con diferentes discapacidades afrontaron entre os días 8 e 10 de xuño as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia –CIUG- de desenvolvidas nas instalacións do CRE da ONCE.
Tres dos estudantes, cegos ou con discapacidade visual severa, contaron para a preparación das probas co apoio dos mestres e mestras que forman parte dos Equipos Específicos de Atención Educativa que a ONCE, en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, pon a disposición deste alumnado con discapacidad visual durante toda a súa etapa de formación.Coma sempre , desde o CRE colaboraron coa CIUG para que esta proba para as personas con discapacidade non presentara máis dificultades que as propias do seu contido académico e que o grupo de alumnos con necesidades de adaptación poideran tela solucionada sin constituir unha inquidanza complementaria para eles. Nesta ocasión, houbo tamén un estudante en cadeira de rodas e outro con narcolepsia. Os estudantes, procedentes de distintos lugares de Galicia, permaneceron alonxados nas instalacións do CRE durante os días das probas.
Debido á actual situación sanitaria, seguironse extritas medidas de limpeza, ventilación e desinfección periódicas ademáis de estar a disposición tanto do alumnado como dos membros do tribunal examinador tódolos medios do CRE para protexerse dun hipotético contaxio.
O acceso ás aulas de exámen fixose desde o exterior de modo individual e sen espazos intermedios de espera, conforme ás instruccións oficiais para este exame coa particularidade de que o número de examinandos foi moi inferior ao que tiveron noutros centros. Os espazos de exame foron uns de uso individual e outros dispuxeron dunha separación moi superior á recomendada polas autoridades sanitarias.