O Reloxo do Concello de Ourense da paso á colaboración co novo Goberno da cidade

  • Boletín: NÚMERO 24 . MARZO 2020

    Temática: Actividades Na imaxe vese ao alcalde de Ourense e tres dos seus concelleiros acompañados polos representantes da ONCE na presentación do cupón que reproduce o reloxo da Casa do Concello

    O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado das concelleiras de Turismo e Termalismo e de Política Social, Igualdade e Saúde, Flora Moure e Eugenia Díaz Abella respectivamente, e de Miguel Caride, de Infraestruturas, recibiu na Alcaldía a delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, ao  presidente do Consello Territorial. Csrlos Fernández Lamigueiro e ao director dea Axencia ONCE de Ourense, Jesús Sánchez García, que lle fixeron entrega dunha reprodución enmarcada do cupón dedicado ao Reloxo do Concello de Ourense,  que se sorteou o xoves día 27. Ao remate do acto, mantiveron unha xuntanza de traballo.

     O cupón do Reloxo do Concello ourensán pertence á serie "Ciudades en punto y hora" e reproduce o mecanismo que figura na fachada da Casa do Concello, un  edificio de finais do século dezanove, que preside a ampla Praza Maior ourensá xunto a edificios antigos e nobiliarios dos séculos dezaoito e dezanove, entre eles o Pazo do Bispo.  O reloxo está situado  sobre un magnífico escudo de armas labrado en granito e   tres arcos de medio punto que adornano acceso ao edificio e que armonizan co estilo ecléctico e señorial do conxunto da Praza.

    A del cupón foi seguida unha  primeira  xuntanza institucional entre os responsable de ONCE-Galicia, o  alcalde de Ourense e varios dos seus concelleiros,  na que plantexaron a importancia de establecer vías de colaboración máis estreitas para abordar diversos aspectos relacionados co colectivo ONCE na cidade de As Burgas. A accesibilidade no transporte público e nas rúas, o regulamento do uso de patinetes eléctricos e outros vehículos de mobilidade que poden constituir un perigo para o deambular das persoas cegas ou con discapacidade visual, así como a educación inclusiva e as actividades culturais e de ocio foron os principais asuntosabordadas na xuntanza.

    Os responsable da ONCE tamén aproveitaron o encontro para lle expoñer ao goberno municipal ourensán os numrosos problemas cos que atopan as persoas con discapacidade para acceder ao emprego, o que reflicte nunha elevada taxa de desemprego, sobre todo en mulleres.  Tamén falaron da  incorporación dos novos quioscos accésibles e ecolóxicos en substitución dos actuais en toda a cidade, así como a preocupación da ONCE polo xogo ilegal, polo que supón de abuso de persoas con discapacidade e doutras en risco de exclusión na comercialización de xogos ilegais.