Esgrima adaptada en A Coruña

  • Boletín: NÚMERO 23. XANEIRO 2020

    Temática: Actividades Imaxe do grupo de afiliados cos profesores e alumnos do Club Esgrima CoruñaCasa del Agua de A Coruña

    Nas  instalacións deportivas municipais da Casa da Auga de A Coruña tivo lugar unha exhibición de Esgrima Adaptada para persoas con discapacidade visual a cargo dos técnicos do Club Esgrima Coruña.
    O obxectivo era iniciar e potenciar a práctica da esgrima entre persoas con visibilidade reducida ou cegueira total. De feito, durante este mes de febreiro vaise desenvolver un "Curso de Iniciación á Esgrima Adaptada".

    Os afiliados  asistentes  tiveron a oportunidade  de coñecer os aspectos básicos deste deporte como son a súa vestimenta, as armas de combate, medidas de seguridade,  e as regras do xogo. Fixeron pequenos combates para pór en práctica algúns movemento (estar en garda, marchar, romper,…) co alumnado do clube presentes na sala. A esgrima deportiva é un deporte de entretenemento e competicióne no que se enfrontan dous contrincantes debidamente protexidos que deben intentar tocarse cun arma branca,  das que hai tres modalidades: sable, espada e frorete. 

     

    Os afiliados ONCE nun momento da proba de exhibición de esgrima

     

    Fotografía da sá na que se celebrou a xornada de esgrima cunha vista xeral dos participantes