Contos de Nadal

  • Boletín: NÚMERO 33 - XANEIRO 2021

    Temática: Actividades Na imaxe, pantaiazo dunha sesión de contacontos na que participan as responsables de animaci´pon cultural da delegación territorial

    O departamento de Servizos Sociais para Afiliados, a través da súa área de animación cultural e con ocasión das Festas de Nadal ven de desenvolver tres sesións online de CONTACONTOS a través da plataforma zoom.

    A actividade de CONTACONTOS  contou cunha boa participación de afiliados der toda Galicia. O tema común é CONTOS DE NADAL e o contacontos ou relator  é Carlos Ocampo Marín, que leva máis dun ano colaborando coa ONCE neste tipo de actividade. A actividade consiste en contar un conto e, ao  seu remate, faise un breve coloquio sobre a moralexa do conto e sobre cómo interpreta cada participante.

    Onte, 29 de decembro realizouse a derradeira sesión deste programa de Nadal, que deu comezo o día 18 co conto  RIKIKI, recollido da tradición oral canadiense , e o  día 22 tocoulle a vez ao "El cuento de Navidad de Auggie Wren", do neoiorquino Paul Auster.  Nas tres sesións conectáronse 25  persoas, e os coloquios foron moi participativos. 

    O relator, Carlos Ocampo é  comunicador social, terapeuta humanista e escrito, e a súa última obra publicada é  "El patio de los quebrantos. Viaje sanador a través de una historia de vida", de Ediciones Carena.