Actividade no centro veciñal de Valadares

  • Boletín: NÚMERO 40 -AGOSTO/SETEMBRO 2021

    Fotografía do grupo de afiliados de ONCE de Vigo que asistiron á actividade do Centro de Valadares

    Un grupo de 19 afiliados e acompañantes de ONCE-Vigo, entre os que figuraba a subdirectora,  Lorena Fernández, e acompañado pola técnico da Organización Julia Fernández-Nieto, asistiron  á clausura do Obradoiro de emprego de cociña  "Capacitas 6ª", que se impartiu no centro veciñal e cultural   de Valadares e contou con formación en atención a persoas con discapacidade visual.

    No obradoiro formouse a  un grupo de  vinte persoas en restauración e hostelería . A nosa técnica de rehabilitación de ONCE-Vigo impartíulles unha pequena formación en técnicas de orientación e mobilidade e servizo en mesa  e  posteriormente puxose en  práctica o aprendido co grupo de afiliados que asistíu á cata e demostración.

     

    Un grupo de catrro afiliados asistentes á cata do Obradoiro Capacitas 6ª

     

    O obradoiro "Vigo capacita VI"  tivo unha duración de 9 meses para un total de 20 alumnos/as traballadores/as, que recibiron formación profesional para o emprego dirixida á obtención do certificado de profesionalidad e Nivel 2 para 10 alumnos na especialidade  de Cociña (HOTR0408) e os outros  10 na especialidade  de Servizos de Restaurante (HOTR0608), que contan para o seu desenvolvemento cun equipo directivo composto dun director, unha tutora, dous expertos docentes e unha  administrativa.

     

    Un grupo de xoves afiliadas e acompañantes degustando o traballo dos alumnos do Obradoiro Capacitas