Accesibilidade na Intermodal de Vigo

  • Boletín: NÚMERO 40 -AGOSTO/SETEMBRO 2021

    Imaxe da xuntanza que mantiveron Roberto Gaspar e os técnicos da ONCE co concelleiro de Vías e Obras de Vigo, Javier Pardo, na sede de Gran Vía

    O director da ONCE en Vigo,  Roberto Gaspar Gaspar Conde  e a  técnica de Rehabilitación  de ONCE-Vigo,  Victoria Iglesias mantiveron na sede da Organización na Gran Vía unha  xuntanza co concelleiro de Vías e Obras de Vigo, Javier Pardo e, posteriormente outra con Juan Aguirre Rodríguez,  xefe de urbanización e infraestructuras do Concello  para transmitírlleles a preocupación do noso colectivo de pola obra se sestá realizando na construcción da estación  intermodal de Vigo, que albergará as estacións  de tren e de autobús e un centro comercia Vialia.

     

    Imaxe do proxecto da Estación Intermodal de Vigo, xa en proceso avanzado de execución

    Os representantes da ONCE puxeron de manifesto de cada ano aumenta o número de persoas cegas usuarias de bastón na cidade e que, sendo o transporte público o único que lles permite  desplazarse con total autonomía, resulta de vital importancia que tanto os accesos exteriores ás estacións, como os accesos interiores cara ao despacho de billetes e  acceso aos andéns, estean sinalizadoss de forma correcta.  A   disponibilidade e receptividade do concelleiro foi excelente, ofrecéndose de mediador para establecer contactos e reunións con tódolos implicados nesta obra (Vialia e ADIF, a xerencia do centro comercial e a  Xunta de Galicia). Desde a ONCE entregouselle un  un documento cos principais factores a ter en conta  no que a  accesibilidad se refire.