Seccións de noticias
Actividades
-
Colaboración ONCE e RAG
Ambas as institucións formalizaron un protocolo de colaboración ao abeiro do cal se comprometen a traballar para incrementar a oferta bibliográfica en galego dispoñible tanto en Braille como en versión sonora. O acordo foi asinado na sede da Real Academia Galega polo seu presidente, Víctor F. Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.
-
Teatro desde outro punto de vista
O Salón de actos da Delegación territorial converteuse no mes de novembro nunha sala teatral alternativa e encheuse de público para dar cabida ao Festival de Teatro Valacar –FTV- , unha iniciativa que arrancou agora, logo de trinta anos de traxectoria impecable do grupo teatral desenvolvendo a inclusión a través das artes escénicas e de ter recibido infinidade de recoñecementos, como o Max de Teatro Afeccionado. Esta primeira edición do FTV, celebrouse durante as fins de semana comprendidas entre os días 8 e 24 do mes e a entrada foi de balde para tódalas persoas que amosaron un cupón da ONCE do día á entrada.
-
Chévere recolleu o I Premio FTV
Coincidindo coa primeira edición do Festival de Teatro Valacar, concedeuse o "I Premio FTV de Integración nas Artes Escénicas" ao grupo de teatro santiagués Chévere. O seu director, Xesús Ron , e unha das súa actrices, Patricia de Lorenzo, recolleron o galardón que lles foi entregado polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan na recén inaugurada Sala Teatral Alternativa e Intermitente do Edificio ONCE de A Coruña. Xesús Ron agradeceu o galardón e fixo fincapé no compromiso do grupo e tódos os seus compoñentes co teatro accesible e inclusivo para tódalas discapacidades.
-
Cupón do Voluntariado
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e a conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, eloxiaron e agradeceron o labor das persoas que practican o voluntariado e dedican unha parte de seu tempo aos demáis. Fixérono ámbos dous na presentación do cupón do mércores día 5 de decembro que estará dedicado ao Día Internacional do Voluntariado. Ao acto, celebrado no Edificio ONCE de A Coruña, tamén asistiron o presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.
-
Galicia: capital del Voluntariado
ONCE-Galicia ha participado en el XX Congreso Estatal del Voluntariado que se celebró en Ourense los días 28 y 29 de noviembre, con una amplia delegación capitaneada por la coordinadora de voluntariado de la Delegación Territorial de Galicia, Chus Martínez Estrada, a la que acompañaron un nutrido número de voluntarios, entre los que se encontraban Teresa Alonso Avendaño, colaboradora de voluntariado ONCE en Vigo y Mario Fernández Formoso, voluntario de ONCE-Santiago de Compostela , que participó en una mesa redonda sobre "Experiencias de personas voluntarias" explicando su colaboración con afiliados en el programa de acceso a la información y dando así visibilidad a la participación de nuestro voluntariado. Otras seis voluntarias se encargaron específicamente de atender el stand allí ubicado para dar información a todos los interesados en sumarse al Voluntariado ONCE y establecer contactos con otras entidades del sector.
-
Muxicas recibe un premio do público
O grupo de teatro Muxicas de Ourense, apoiado e impulsado pola ONCE, ven de recibir este mes en O Carballiño o Premio do Público na XI Mostra Amador "Terras do Orcellón", coa obra "O Inspector" de Nikolái Gogol, versionada e dirixida por Tito Asorey. Muxicas leva case vinte anos facendo posible que persoas con cegueira ou discapacidade visual severa poidan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico a un mundo, paradoxicamente tan visual, como é o da Arte Dramática.
-
El "Ágape" de Ourense estrena carta en Braille
La ONCE colaboró con el restaurante Ágape del Liceo de Ourense para preparar la carta del Menú en braille y para dar formación al personal del establecimiento en guía, acompañamiento y atención a usuarios con ceguera o discapacidad visual durante la estancia en el restaurante. El delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan y el responsable del Ágape, José Gómez Pérez, pesentaron a los medios de comunicación el trabajo realizado y participaron con el grupo de periodistas en una degustación a ciegas de elaboraciones del restaurante orurensano, durante la cual estuvieron provistos de antifaces.
-
Sendeirismo en Becerreá
Un numeroso grupo de afiliados procedentes de diversos puntos de Galicia participaron nunha xornada sabatina de sendeirismo coa Asociación "Castañeira e Nogueira" de Becerreá (Lugo) durante a cal percorreron o sendeiro de Quintá-Río Donsal, celebrando logo un xantar de confraternidade seguido dun magosto.
-
Caricias en Braille
O pasado mes de agosto un grupo de 29 afiliados e acompañantes da ONCE de Vigo participaron desprazáronse a Tui (Pontevedra) para participar na actividade accesible "Caricias en Barille", integrada no XIII Festival "Música no Claustro" que se celebrada cada verán na catedral e organizada en colaboración coa nosa Organización.
-
Campamento de verán en Ourense
O ‘arte dos fogóns’ chegou este verán aos campamentos inclusivos que organiza a ONCE por diferentes puntos de España, co fin de que os xoves disfruten de forma lúdica desta actividade. Así, en Ourense, 33 xoves de Galicia e Asturias, dus deles con xordocegueira, disfrutaron con esta e outras actividades durante o campamento que se celebrou do 15 ao 21 de xullo no Complexo Turístico-Deportivo "O Corgo" en Muíños (Ourense).
-
Teatro inclusivo desde o CDG
Por primeira vez na súa historia, o Centro Dramático Galego -CDG- ofreceu o venes 6 de xullo, unha representación adaptada para persoas con discapacidade visual, grazas á colaboración da ONCE, cuxos técnicos da Delegación Territorial de Galicia fixeron a audiodescrición da obra. Esta foi unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela da montaxe teatral "Divinas Palabras Revolution", dirixida por Xron. Ademáis da poder seguir a obra con audiodescrición, a colaboración da ONCE permitiu aos asistentes disfrutar dunha importante rebaixa no prezo das entradas. A representación tivo lugar na sede do CDG, o histórico edificio Salón Teatro de Santiago de Compostela e puxo fin á tempada de traballo da Compañía.
-
Homenaxes, humor e camaradería no Día da ONCE
O Día da ONCE de Galicia, festa de confraternidade que organiza cada ano o Consello Territorial de Galicia, que preside Carlos Fernández Lamigueiro, chegou á súa XXV edición e reuniu o sábado 16 de xuño, no restaurante do hotel Scala , de Pazos-Padrón, a máis de 500 afiliados e traballadores da entidade procedentes de toda Galicia para participar nunha xornada festiva na que se homenaxeou a traballadores recén xubilados e afiliados que veñen de acadar a súa licenciatura nas universidades galegas.
-
Música e teatro para agasallar á sociedade galega
Con motivo da celebración do XXV Día da ONCE e o 80 aniversario da Organización, o Consello Territorial de Galicia organizou un amplo programa de actuación artísticas, musicais e teatrais para dar a coñecer e facer partícipe á sociedade galega do traballo e o compromiso que no eido cultural desenvolven os nosos afiliados. Houbo un total de dezaseis actuacións que se desenvolveron nas capitais provinciais: A Coruña , Lugo, Ourense e Pontevedra, ademáis de en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Monforte de Lemos e Carballo.
-
Visita sensorial ao Pazo de Lourizán
“AS CORES E SABORES DO PARAISO EN LOURIZÁN" é como se denominou a visita guiada, especialmente adaptada, de vinte afiliados da ONCE de Pontevedra á finca e xardín do “Cuco de Lourizán”, é di, ás que no seu día foron finca e casa de veraneo de Eugenio Montero Ríos e a súa familia. Capitaneados pola directora da Axencia da ONCE en Pontevedra, Paula Calvete Palmero, e invitados pola dirección do CIFP "Carlos Oroza", os membros da ONCE percorreron a romántica escalinata de pedra do pazo, descubriron o son das fontes máis agochadas da finca, o elegante invernadoiro modernista, e tamén as árbores máis senlleiras e centenarias deste fermoso xardín escenario da política española hai máis dun século.
-
Afiliados de Vigo apoiaron á APAM
Un grupo de afiliados da ONCE de Vigo colaborou o pasado 20 de xuño na Praza do paseo de Alfonso XII da cidade olívica, nunha intervención artística urbana organizada pola Asociación de Familiares de Pacientes con Parálise Cerebral -APAM- . A proposta artística denominouse “Desbarrando na rúa” . O obxectivo era conseguir unha xornada de convivencia coa cidadanía coa finalidade de crear unha obra artística colectiva para embelecer a cidade e derrubar á barreira da discapacidade que separa ás persoas con diversidade funcional do resto dos cidadáns. Tódolos participantes realizaron un mural cerámico colectivo de dez metros de largo. Un gran mural para unha xornada lúdica na que participaron moitos colectivos colectivos cidadáns.
-
Olladas presentou o caderno AÚN MADA AÍNDA
O grupo Olladas literarias presentou o venres 8 de xuño, no Salón de Actos da Delegación Terrtorial da ONCE en A Coruña o seu caderno de haikus “AUN- MADA- AÍNDA” . O grupo OLLADAS se formou na ONCE hai dous anos como un taller literario dirixido a persoas con discapacidade visual e coordenado polo poeta e dramaturgo Lino Braxe. O caderno recolle as súas creacións da tempada 2017- 2018 : os haikus escritos polos compoñentes do grupo nos pasados nove meses. Os haikus, de orixe xaponés, son poemas breves de tres liñas. Durante a presentación, os membros de Olladas recitaron as súas creacións e tamén leron relatos breves da súa autoría. Nas reunións semanais que o grupo celebra na ONCE aprenden non só composición poética senón que tamén cultivan a narrativa, os aforismos e a dramaturxia.
-
ONCE patrocina el concierto de Ignasi Terraza el 24 de julio en el "Más que Jazz" Coruña
Con motivo del 80 aniversario, la ONCE colabora este mes de julio patrocinando la V edición del festival de música “Más que Jazz” de A Coruña que organizan conjuntamente las míticas salas Garufa y Jazz Filloa. La ONCE subvencionará el concierto que el trío del músico y gran pianista afiliado Ignasi Terraza ofrecerá el martes 24 de julio en la sala Garufa. Este concierto de Ignasi Terraza Trio será un homenaje a la figura de Tete Montoliu, otro músico ciego afiliado y tristemente ya desparecido que se convirtió en uno de los principales exponentes del jazz internacional. El festival "+ que Jazz" ofrecerá en A Coruña catorce noches de conciertos, entre el 4 y el 27 de julio, en una convocatoria inédita que une las actuaciones de artistas noveles con otros ya consagrados.
-
A DAP de Vigo participou en "A Pedaliña"
Os día 26 e 27 de maio afiliados da ONCE de Vigo participaron, un ano máis, en "A Pedaliña", un evento xa tradicional na cidade de Vigo, que organiza o Club "A Golpe de Pedal" pra fomentar o uso da bicicleta como medio práctico e ecolóxico de transporte e divulgar os beneficios que reporta o seu uso na saúde das persoas. Como noutras ocasións, a ONCE participou o sábado 26 pola tarde montando un stand no recinto do monte O Castro onde se puxeron a disposición do públicos dous tándems para quen quixera disfrutar da experiencia. Xa na xornada do domingo 27 un grupo de afiliados participou na marcha ciclista polas rúas da cidade de Vigo, integrándose perfectamente cos case mil ciclistas que disfrutaron dun percorrido de 17 km pola cidade.
-
"Elefantes de papel", relatos en braille
El pasado día 9 de Mayo se presento en la sede del CLUB FARO, en Vigo, el libro “Elefantes de Papel”, una obra de María SAlinas y Verte Pirata. . Se trata de un libro de relatos cortos con temática social. GRacias a la colaboración de sus autores y la Dirección de Apoyo de Vigo se pudo transcribir la obra a braille y presentarla también accesible en su puesta d e largo en el Clunb Faro. "Elefantes de papel", editado por sus autores, se dará a conocer en diversos centros sociales, asociaciones de personas con discapacidad, geriátricos, colegios, institutos y asociaciones vecinales y lo que se recaude de su venta irá destinado a colaborar con distintos proyectos de ámbito social.
-
Colaboración co Festival de Cine Inclusivo
Dende o día 2 ao 5 de Maio tuvo lugar na cidade de Vigo a 3ª edición do Festival de cine inclusivo, un evento que ten como finalidade achegar o cine a tódalas persoas independentemente da discapacidade que teñan. Desde a Once colaborouse co evento cedéndolleon o equipo tecnolóxico que permite insertar a audio-descripción nas películas. O servicio de audiodescripción permitíu que o día 5 de maio pola tarde o nuestro colectivo pudiera disfrutar de la proyección de diversos cortos, totalmente adaptados en Audesc.