CRE
-
Sentir o Mar en Muros
Boletín: NÚMERO 11. XANEIRO 2019
O sábado 15 de decembro a localidade de Muros foi e a protagonista dunha experiencia realizada coa colaboración da Consellería do Mar e a ONCE, que permitíu a un grupo de afiliados achegarse ao mar cos sentidos. A actividade, que xa se fixo en Marín no mes de xuño, deriva da publicación dun traballo realizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas invidentes.
Continúe lendo Sentir o Mar en Muros -
As persoas con discapacidade disporán de reserva de prazas na segunda convocatoria da ABAU
Boletín: NÚMERO 11. XANEIRO 2019
Os delegados das universidades galegas na CIUG mantiveron unha reunión no CRE da ONCE, á que aistíu o seu director, José Ángel Abraldes, logo da cal anunciaron que as persoas con discapacidade disporán de reserva de prazas na segunda convocatoria da ABAU. Tamén disporán de prazas dos dobles graos.
Continúe lendo As persoas con discapacidade disporán de reserva de prazas na segunda convocatoria da ABAU -
¡A por todas con el deporte!
Boletín: NÚMERO 10 // DECEMBRO 2018
Los días 16, 17 y 18 de noviembre el CRE de Pontevedra celebró su 2ª Escuela Deportiva que dió continuidad a la celebrada en abril en las instalaciones de la Facultad de Ciencias de la Educación Física y el Deporte de Oleiros (A Coruña). En total prticiparon 11 jóvenes deportistas afiliados de Galicia y Asturias, de edades comprendidas entre los 10 y los 16 años.
Continúe lendo ¡A por todas con el deporte! -
XVII Encontro de Profesionais da Educación
Boletín: NÚMERO 10 // DECEMBRO 2018
O 20 de novembro celebrouse o XVII Encontro de Profesionais no CRE da ONCE de Pontevedra, no que participaron vinteseis profesores e orientadores da provincia de Pontevedra das etapas educativas Infantil, Primaria e ESO . Esta edición, organizada por tres mestres, a técnico de rehabilitación e a pedagoga do CRE, comezou escoitando as voces de profesores de estudantes con discapacidade visual dos centros da provincia de Pontevedra e compartindo experiencias inclusivas para poder mellorar.
Continúe lendo XVII Encontro de Profesionais da Educación -
Aprendendo inglés no CRE
Boletín: NÚMERO 6/ 7 . AGOSTO-SETEMBRO 2018
Como tódolos veráns, o CRE de Pontevedra acolle a rapaces e rapazas afiliadas procedentes de toda España que participan nos cursos intensivos de Inglés. Os xoves afiliados completan esa formación con actividades como a práctica de surf na praia de A Lanzada e visitas culturais a Santiago de Compostela e otros lugares.O primeiro destes grupos, que estivo na segunda quincena do mes de xullo, recibíu a visita do presidente do Grupo Social ONCE, Miguel Carballeda Piñeiro, que posa con eles nesta fotografía tomada no patio do CRE, e na que tamén aparecen o director do centro, José Ángel Abraldes, e o director xeral adxunto de RR.HH. e Xerais da ONCE, Jorge Íñiguez. Coincidindo cunha visita de traballo á cidade do Lérez, Carballeda aproveitou para coñecer de primeira man as actividades académicas e de lecer que realizan os xoves.
Continúe lendo Aprendendo inglés no CRE