Teatro desde outro punto de vista
O Salón de actos da Delegación territorial converteuse no mes de novembro nunha sala teatral alternativa e encheuse de público para dar cabida ao Festival de Teatro Valacar #8211FTV- , unha iniciativa que arrancou agora, logo de trinta anos de traxectoria impecable do grupo teatral coruñés desenvolvendo a inclusión a través das artes escénicas e de ter recibido infinidade de recoñecementos, como o Max de Teatro Afeccionado. Esta primeira edición do FTV celebrouse durante as fins de semana comprendidas entre os días 8 e 24 do mes e a entrada foi de balde para tódalas persoas que amosaron un cupón da ONCE do día á entrada.
O grupo de actores e actrices con cegueira ou discapacidade visual severa, apoiado e impulsado pola ONCE desde a súa creación, representou a obra “Frechas do anxo do esquecemento” e o espectáculo “Enamórate a ciegas”, ambas dúas dirixidas por Pedro Rubín . A peza teatral "Frechas do anxo do esquecemento" é unha adaptación do texto do dramaturgo e Premio Nacional de Teatro Sanchis Sinisterra e trata sobre a perda da memoria e da identidade. A posta en escea de Valacar recibíu ovacións e críticas moi favorables do público desde a súa estrea, salientando a actuación de actores como Felipe Cotelo e Willy Méndez, en liña coa do resto de actores e actrices que tomaron parte nas dúas pezas teatrais: AnxoMangas, Manuel Carballido,Mayte Sanjuán, MariséVidal, Luz Míguez, Raquel Bergondo,Ana Docampo, Juana Rosalina, Yessica Val, Trinidad Canosa e Antonio Rumbo .
O espectáculo “Enamórate a ciegas” foi o que puxo fin ao FTV coa característica inovadora de que todo o esencial foi invisible á vista dos espectadores. Coordenado e dirixido polo actual director de Valacar, Pedro Rubín, e coa sala completamente a escuras, os asistentes disfrutaron a través dos sentidos dun torrente emocional co amor e a pasión como protagonistas. Foi a primeira vez que se fixo en Galicia un espectáculo coa técnica de "Teatro a Cegas". A iniciativa conseguíu acadar un notable éxito de público e crítica, o que pode levala a se converter nunha nova alternativa cultural e de ocio de calidade para a cidade de A Coruña, presentando un teatro desde “outro punto de vista”. O FTV foi, sen dúbida, un escaparate privilexado do teatro interpretado por persoas cegas ou con discapacidade visual severa.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31