Sentir o Mar na Ría de Muros
Un grupo de 43 persoas,, a maioría deles mozo se mozas afiliadas, viviron na Ría de Muros e Noia unha experiencia única de navegación tradicional. Tratábase de pór en práctica a actividade "Sentir o Mar", desenvolvida por persoal do CRE de Pontevedra e a Xunta de Galicia coa colaboración da confraría de pescadores de Muros, que se presentou en decembro nas instalacións portuarias da localidade pero que o mal tempo impedira rematar coa práctica da navegación.
Participaron varios barcos: o galeón Joaquín Vieta, as embarcaciones Ostreira #8211 Abelleira e Xesteira, o bote Lancaño, e incluso unha embarcación adaptada, entre outras. Unha vez a bordo, os patróns e mariñeiros explicáronlles as diferentes partes das embarcacións (babor, estribor, proa e popa, os nomes dos cabos, para o que se valeron de maquetas realizadas no CRE que reproducían as distintas embarcacións participantes. A xornada desenvolveuse un sábado primaveral e algunhas embarcacións saíron da dársena con motor e logo desplegaron a vela; outras xa sairon diretamente coas velas despregadas e outros máis tiveron que convertirse en remeiros temporalmente para adentrase na ría.
Deixando atrás o porto muradán, as embarcación surcaron as augas durante dúas horas cos afiliados da ONCE a bordo, primeiro cara ás bateas fondeadas na ría (entre as que algúns tiveron a sorte de ver a un grupo de arroaxes), para logo seguir a costa de Portosín, Porto do Son e Corrubedo cara á Louro e virar finalmente cun cambio de vela para atracar no porto muradano, onde disfrutarob dun xantar tradicional galego ( mexilóns, empanadas variadas, etc) en compañía de patróns, mariñeiros e organizadores da xornada, que volcáronse en atencións durante toda a estadía na localidade. Adxuntamos varias instantáneas tomadas durante a xornada mariñeira.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31