Selectividade para "dez heroes"
Cos habituais nervios e os últimos repasos a libros e apuntamentos, dez estudantes con diferentes discapacidades enfróntaronse á ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, no CRE da ONCE en Pontevedra, onde recibiron a vsita do Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa e o delegado da Universidade de Vigo na CIUG, Iván Área, que percorreron as instalacións acompañados polo director do Centro, José Ágel Abraldes.
Conscientes de que do resultado destas probas de acceso á Universidade depende o seu futuro académico e tamén o profesional, os dez realizaron as probas apoiados polas axudad técnicas especiais postas á súa disposición e os exames remataron coa satisfacción reflectida nas facianas de todos eles. “Estamos aquí para facer unha dobre homenaxe”, salientou Reigosa na súa visita querendo pór en valor o esforzo “destes heroes”, dez alumnos e alumnas chegados de diferentes puntos de Galicia, á vez que “agradecer extraordinariamente” o traballo que realiza a ONCE “para que as persoas con discapacidade poidan realizar unha carreira universitaria”. Reigosa tamén puxo en valor o traballo realizado polos responsables da ABAU “mellorando cada ano os procedementos para que a xente teña igualdade de oportunidades”, mentres que Area insistiu na implicación e as “magníficas instalacións” que a ONCE pon á disposición da CIUG para a realización destas probas a dez dos 116 alumnos con necesidades especiais que se someten nestes días á ABAU. Adaptacións que teñen por obxecto “tratar con igualdade aos desiguais”, engadiu José Ángel Abraldes, director do CRE, centro que colabora con estas probas desde hai 26 anos.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30