Os Solidarios premian un ano máis o compromiso da sociedade galega
A UCO da Garda Civil, a película Campeones, o grupo Vegalsa-Eroski, a activista Rosario Pérez Montes e o Club Atletismo Sada foron galardoados cos Premios Solidarios 2018, cos que ONCE-GAlicia premiou o compromiso e a solidariedade da sociedade galega. Os galardons entregaronse o xoves 31 de maio durante unha gala celebrada no Teatro Colón de A Coruña, presentada por Laura Ferrer e Patti Bonet.
Os Solidarios valoran a labor de persoas, entidades, empresas e institucións públicas e privadas que traballan a prol da sensibilización, a integración, a accesibilidadee, a inserción laboral e a inclusión das persoas con discapacidade, ddándolle pulo a unha sociedade cada vez máis normalizada. Nesta convocatoria, o Xurado tivo en conta, especialmente, “cómo outra forma de facer e de pensar, transforma a sociedade e faina evolucionar”.
O acto estivo presidido polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que ostentou a representación do Presidente da Xunta, e contou coa presenza do Vicepresidente Executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán, así como do alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, o vicepresidente do Parlamento, de Galicia, Diego Calvo, a deputada de Igualdade da Deputación de A Coruña, Anxela Franco, así como o subdelegado dol Goberno en Galicia, e unha numerosa representación do ámbito da discapacidade e o Terceiro Sector.
Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, entregou o premio ao Club Atletismo Sada #8211CAS-, que recolleu o seu presidente, Fernando Mínguez Sánchez. O CAS foi galardoado “pola súa sensibilidade e a súa traxectoria a prol das persoas en risco riesgo de exclusión desde a súa creación 2010”. Saliéntase o seu espíritu orientado a motivar a práctica deportiva e o seu esforzo por integrar no deporte a persoas con discapacidade, logrando que o vivan en plenitude, ademais de desenvolverr unha importante labor de voluntariado. Tamén se valorou a súa loita por conseguir que a Federación Galega de Atletismo aprobase a resolución que permite a atletas con diversidade funcional participar nas competicións.
O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, entregou o premio concedido ao labor da Unidade Central Operativa #8211UCO- da Garda Civil, que recolleu o coronel xefe da Unidade, Manuel Á. Sanchez Corbí. A UCO foi galardoada polo seu labor de contido social. “Ao órgano central do servizo de Policía Xuicial da Garda Civil, encargado de investigar e perseguir a delincuencia e o crimen organizado nacional e internacional y e de apoiar ás Unidades Territoriais da Policía Xudicial que requiran a súa intervención, se lle valora especialmente a alta capacidade profesional dos seus membros e a cercanía á sociedade, amosada nos numerosos casos nos que ten traballado e, neste último ano, pola resolución de dous grandes casos mediáticos de secuestro e asasinato: os da xove Diana Quer e o do neno Gabriel Cruz”.
Anxela Franco, deputada provincial de Igualdade, entregou o galardón á activista viguesa Rosario Pérez Montes , quén ten unha longa traxectoria e dedicación solidaria. Rosario Pérez estivo inmersa no mundo da drogadicción toda a súa xuventude, ata os 39 años e hai xa 20 anos que logrou sair dese duro mundo das drogas e pasarse “ao outro lado”. O seu esforzo, constancia formación como axente sociocomunitaria da saúde,valéronlle para poñer o seu coñecemento ao servizo dos que seguían no “inferno” da drogadicción. Traballou con persoas sen fogar enfermas de Sida, é impulsora do programa municipal SEREOS do Casco Vello de Vigo e leva 16 anos traballando como auxiliar en asuntos sociais no Albergue Municipal de Vigo.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, fixo entrega do premio concedido á película Campeones, que recolleu o seu produtor, Luis Manso. A longametraxe dirigida por Javier Fesser e protagonizada polo actor ferrolán Javier Gutiérrez, foi premiada “polo seu pulo á integración e a súa demostración de que as persoas con algún tipo de discapacidade intelectual teñen o seu papel na sociedade na que síntense non só integrados senón realizados e felices. En opinión do Xurado, trátase dun traballo “valente, alonxado do morbo e que axuda a desmitificar tabúes sobre as persoas con discapacidade intelectual”.
Por último, o Vicepresidente Executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán, entregou o premio ao grupo Vegalsa-Eroski, que fui recollido por Gabriela González Márquez, directora de RSE e Relacións Institucionais do grupo. O galardón a este grupo empresarial recoñece as súas iniciativas e o seu labor solidaria comprometida e continuada cos colectivos máis necesitados. Entre as moitas accións solidarias que fai , valoráronse algunhas delas circunscritas a Galicia, como a firma dun acordo coa Asociación Galega de Familias Numerosas para axudar a aliviar a economía familiar deste colectivo, o seu aderimento ao programa de fomento da natalidade “Tarxeta Benvida” da Xunta de Galicia, o pulo da campaña en axuda das enfermidades raras “Pode ser máxico grazas a ti”, na cal prestaron unha importante axuda á Fegerec, que representa a 200.000 persoas en Galicia e outras iniciativas como a recollida de roupa usada e de doazón de alimentos á Cociña Económica de A Coruña, que ascendeu a 7.900 kilos de alimentos.
O Xurado dos Premios Solidarios ONCE Galicia 2018 estivo formado por Carlos Fernández Lamigueiro, Presidente do Consello Territorial de ONCE Galicia; Manuel Martínez Pan, delegado territorial de ONCE en Galicia; Elías Palacio Verdini, vicepresidente do CERMI-Galicia; Eugenio Prieto , conselleiro xeral da ONCE; Mª del Carmen Colmeiro, presidenta de Cruz Vermella de Galicia; Rafael Cid, delegado territorial de RTVE; Ana R.Nieto, delegada de TVG en A Coruña; Marcos Sanluis, Xefe de Programas de Radio Coruña-Ser; Noela Bao, xornalista de Cope; Pilar Ozores, xornalista de OCR e Fernando Molezún, xornalista de Radio Voz.
Galería de Imaxes
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31