O mellor da radio e da TV tamén con nós

Secciones: Protagonistas
castanohablancoydedo.jpg

Ademáis de tódolos representantes das administracións públicas, non foron poucos os personaxes "populares" que responderon á chamada da Ilusión. Traemos aquí unha representación deles, nas figuras do máis famoso presentador e locutor de Galicia, Xosé Ramón Gayoso, máis de 35 anos no Luar. Tamén ao gran  actor e humorista Xosé M. Touriñán e rematamos coa lenda da radio e maestre da animación radiofónica, o padronés Pepe Domingo Castaño.

Xosé Ramón Gayoso aproveitou o desconfinamento para achegarse á coruñesa Praza de Pontevedra e  mercarlle un cupón a José, que atende nun kiosco no céntrico lugar. Gayoso  dixo que unha das cousas que máis lle ilusionan, xa de volta á normalidade "con sentidiño" é poder volver a atopar aos amigos da ONCE, como no caso de José. O presentador manifestou que a ONCE forma parte da súa vida "como da vida da maioría de todos vós, desde que éramos cativos e víamos como as nosas nais e pais mercaban o cupón de cegos. Alégrame moito poder volver de novo a mercalo, a xogar esa emoción pero, fundamentalmente, alégrame participar e axudar a unha institución que leva adiante unha labor social  maravillosa desde hai moitísimos anos. Así que, todo alegría ¡que viva a ONCE e por moitos anos!.

 

Xosé Ramón Gayoso saúdando ao vendedor da Praza de Pontevedra en A Coruña

Xosé M. Touriñán, que é o actos e humarista máis querido pola ONCE de Galicia -ahí están as súas participacións anunais nos Días da ONCE-, tamén tivo palabras de saúdo e agarimo para tódolos vendedores. Amosouse moi ledo de atopar a un dos seus vendedores favoritos pola rúa e díxinos " ¿Lembrades aquél anuncio de hai anos que dicía ‘é a ilusión de tódolos días?’pois levábamos un lote de meses sen poder atoparnos, sen poder mercarlle o cupón e conversar con eles e estoy moi contento por ver nas rúas a toda a xente da ONCE que traballades para axudar a moita xente, así que agardo que  o ‘bicho’ este non nos volva a meter nas casas e que podamos seguir vivindo con esa ilusión de tódolos días de ser felices e se pode tocar algo, pois mellor aínda. Unha aperta grande e un bico moi forte para todos e todas”.

 

Imaxe de Touriñán no seu reencontro con José

 

Se hai un padronés coñecidopola gran maioría de españoles (co permiso de D. Camilo José Cela) ese é o gran  José -Pepe- Domingo Castaño, unha lenda radiofónica, admirado e recoñecido en tódolos recunchos do país. Confinado en Madrid, onde reside, e case confinado do traballo debido á ausencia de fútbol durante a pandemia, o xornalista padronés, Premio Solidario ONCE-Galicia,  quixo enviar un saúdo á todo o colectivo  de vendedores da Organización en Galicia. As verbas de saúdo  que nos enviou, gravadas nos estudios centrais da Cadena Cope en Madrid, foron as seguintes: ¨Hola a todos: soy Pepe Domingo Castaño, el de ‘Tiempo de Juego’, el de la ronda informativa del ‘ toca, todos los días toca, todos los días toca el cupón’  y quiero enviar un saludo muy cariñoso a  los 700 vendedores del cupón en Galicia y a los 19.000 de toda España que han vuelto a repartir ilusión, que han vuelto a repartir millones y que han vuelto a repartir generosidad. Un abrazo muy fuerte, sobre para los “da miña terra’

 

Imaxe de Pepe Domingo Castaño extraída do vídeo que nos remitíu

 

Publicador de contenidos

Calendario

Noviembre

« »
  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Suscripcion

Suscripción

Suscríbete al boletín de Noticias ONCE de la Comunidad de Galicia
Te informamos de que los datos de carácter personal que nos proporciones al rellenar el presente formulario serán tratados por Política privacidad

Publicador de contenidos