Mulleres con discapacidade ante a violencia
El Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidad de Galicia- (CERMI Galicia)- organizou o padado día 10 de marzo, en Santiago de Compostela, a Xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia. ¿Estamos protexidas?. ", durante a cal se reclamou o reforzamento das medidas de protección e apoio ás vítimas, ás mulleres e nenas con discapacidade vítimas de violencia machista.
A xornada foi inaugurada polo presidente do Cermi-Galicia, Iker Sertucha e a directora xeral de Avaliación e Refiorma Administrativa da Xunta, Natalia Prieto, os cales coincidiron en salientar que, se ben tense avanzouse moito nos derecitos das mulleres e daquelas que sufren discriminación interseccional porlas súa discapacidade, queda moito aínda por andar. Sertucha aproveitou a súa intervención para plantexar a necesidade de que todos os recursos de atención a vítimas de violencia sexan accesibles, así como as campañas de prevención e sensibilización social. Tamén falou da importancia de que todos os servizos cheguen tamén ao medio rural galego, un punto especialmente importantena nosa comunidade autónoma.
Celebrouse despois unha mesa redonda, moderada por Laura Seara, asesora da Fundación CERMI Mujeres, na que se abordou a protección que se debe proporcionar ás mulleres con discapacidade que sufren violencia e contou coa presenza da da Fiscal de Violencia de Xénero de Galica, e outros profesionais que traballan no ámbito da atención a vítimas, como un psicólogo, unha traballadora social, unha policía nacional e unha terapeuta.
Con posterioridade, Rocío Rey, de FADEMGA Plena Inclusión Galicia,moderou unha mesa de experiencias persoais na que varias mulleres con discapacidade contaron as os seus casos persoais á hora de afrontar a violencia en primeira persoa, ou atendendo a vítimas desta lacra. Isabel Quintairos, representante do Comité en primeira persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia, describiu situación das mulleres con enfermidade mental ante a violencia. Despois, M.ª Carmen González, mediadora da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), contou a súa experiencia en primeira persoa acompañando a mulleres xordas que sufren violencia.
Rocío García, psicóloga e directora da Asociación de Daño Cerebral de Compostela SARELA-FEGADACE, relatou a súa experiencia cun caso de violencia de xénero en mulleres con daño cerebral adquirido (DCA), ao tempo que unha representante de ASPERGA-AUTISMO Galicia falou da situación das mulleres con TEA ante a violencia machista.
Por último, Laura Seara y M.ª Dolores Venancio, responsable da Comisión Muller de CERMI Galicia, puxeron en común as conclusións da xornada, e incidiron na necesidade de visibilizar a discriminación múltiple que sufren as mujlleres e nenas con discapacidade, que medra moito cando concurren outros factores como residir en entornos rurais ou ser unha persoa migrante, ao incrementarse os prexuizos sociais.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31