Galicia nos motivos do cupón
O Obelisco coruñés inaugurou o 11 de marzo unha nova serie de cupóns de Diario dedicada nesta ocasión aos reloxos máis emblemáticos das cidades españolas que leva por nome “Ciudades en punto y hora”. A serie consta de 50 cupóns e rematará a finais do ano 2020.
O Obelisco coruñés, ubicado no Cantón Grande, fronte á Delegación Territorial da ONCE de Galicia, é o centro xeográfico da cidade, lugar de encontro para coruñeses e visitantes. Construido en homenaxe ao deputado, senador e ministro compostelán Aureliano Linares Rivas, gran valedor da cidade herculina, foi inaugurado o 10 de febreiro de 1895 e aínda que se coñece popularmente como "Obelisco" non é tal, senón que trátase dunha columna conmemorativa de planta octogonal, rematada cun reloxo en forma de globo e con catro esferas, coroado por unha veleta cunha carabela e un pararraios.
No seu día, dous das catro esferas amosaban a hora de A Coruña e as outras dúas a hora de Madrid, debido aos 19 minutos e 20 segundos de diferencia horaria solar entre ámbalas cidades. Ao reloxo do Obelisco dáselle corda semanalmente, de forma manual. A columna que o sosténm está oca no se su interior , para albergar a maquinaria do reloxo e cables do pararraios e veu aumentada a súa altura orixinal no ano 1952 por decisión do alcalde Alfonso Molina, para que estivese máis acorde coas alturas dos edificios darredor.
Cupón da Feira do Queixo de San Simón
E o mes de abril comezou con outro cupón con motivo galego. O sábado día 6 homenaxeou a XXV edición da Feira do Queixo de San Simón da Costa que se celebrou na capital da Terra Chá, Vilalba, durante a fin de semana. A ONCE apoiou así o recoñecemento deste delicioso produto gastronómico, típico dos municipios que conforman a comarca da A Terra Chá e que está catalogado coa Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.
A variedade de queixo de San Simón da Costa pertence aos municipios de conforman a comarca de A Terra Chá, na provincia de Lugo, onde o sector lácteo é un dos principais motores económicos. A tradición di que a receita deste queixo procede dos celtas, e a principios do século XX apareceron de maneira oficial documentos que acreditaron a presenza destos queixos fora da nosa comunidade autónoma, e foi nos anos setenta do século pasado cando o queixo de "San Simón da Costa" comezou a ter grande relevancia.
Na súa elaboración danse dúas premisas básicas: a elaboración con leite de vaca rubia galega, frisona e pardo-alpina, e o afumado de abedul, que lle aporta o seu característico sabor. Hoxendía existen na comarca de A Terra Chá numerosas queixerías de fabricación artesanal que exportan a todo o mundo e a súa calidade é certificada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31