Cupón do Voluntariado

Secciones: Actividades
img_1285.jpg

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e a  conselleira de Política Social da  Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, eloxiaron e agradeceron o labor das persoas que practican o voluntariado e dedican unha parte de seu tempo aos demáis. Fixérono ámbos dous na presentación do cupón  do mércores día 5 de decembro que estará dedicado ao Día Internacional do Voluntariado.  Ao acto, celebrado no Edificio ONCE de A Coruña,  tamén asistiron o presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, fixo fincapé  no liderado de Galicia en materia de participación social durante a presentación do cupón da ONCE , lembrando que Galicia tamén acolleu os días 28 e 29 de novembro, en Ourense,  o XX Congreso Estatal de Voluntariado,  un evento que  fixo de Galicia o epicentro da solidariedade e do altruísmo,  a capital do voluntariado.  Fabiola García apuntou que esta iniciativa da ONCE de  levar a imaxe do voluntariado por toda España en 5,5 millóns de cupóns lle dará a difusión que merece e multiplicará o seu valor. Ademais, resaltou que a solidariedade “é un dos elementos que mellor define aos galegos e galegas”, así como que o voluntariado “é unha das mellores ferramentas para construír unha sociedade mellor”. A conselleira saudou esta iniciativa, posto que para que sexan cada vez máis as persoas que se suban ao tren do voluntariado cómpre que as súas accións teñan a maior difusión posible. A conselleira sinalou que a ONCE é "sinónimo de compromiso e de solidariedade”.

 

Na imaxe, a conselleira e o delegado da ONCE atenden aos medios de comunicación presentes no acto

 

Na actualidade, Galicia conta con 970 entidades de acción voluntaria nas que participan preto de 42.000 persoas. A nosa é a única comunidade que recoñece de maneira oficial a experiencia en voluntariado a través dun certificado homologado pola Unión Europea que cada vez é tido máis en conta polas empresas nos procesos de selección de persoal.

124 voluntarios en ONCE-Galicia

O cupón adicado ao Día Internacional do Voluntariado inclue a frase ‘Hazte voluntario, cambia el mundo’. Na súa intervención, Manuel Martínez suliñou o compromiso da Organización co Voluntariado e  agradeció o labor das 124 persoas que exercen o voluntariado na ONCE en Galicia.  Salientou tamén que  a ONCE ten varios programas de traballo para voluntarios, para reforzar a consecución da autonomía persoal e inclusión social das persoas con cegueira ou discapacidad visual severa afiliadas á Organización. Para o desenvolvemento de súa actividade como voluntarios , a ONCE forma a estas persoas sobre pautas de comportamento cas persoas cegas,  aproximación á cegueira, técnicas de guía; labor da ONCE e acción dos seus servizos sociais e contidos sobre os diferentes programas de voluntariado e o seus requerimentos.

 

Imaxe do cupón dedicado ao Día Internacional do Voluntariado
 


 

Publicador de contenidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Publicador de contenidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)