"Con luz propia": Unha biblioteca humana
"Con luz propia" foi unha actividade promovida polo grupo de investigación Cies, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, e o CRE de Pontevedra da Once. Na "Casa da Luz" de Pontevedra, once mozos e mozas do grupo "Pensadores Galaicos", que reúnese ao longo do ano no CRE para debater temas de actualidade, protagonizou unha actividade baseada no método das bibliotecas humanas e orientada a conseguir mellorar a inclusión social das persoas con discapacidade visual.
Once relatos dirixidos a promover a inclusión das persoas cegas. Coas súas propias voces relataron as súa propias experiencias: a vida dun escolar invidete, as experiencias na universidade, a vicencia dos pais dunha nena cega, etc. As persoas que se achegaron aos soportais da Casa da Luz o día da actividade dispuxeron dun catálogo no que seleccionar o relato que logo escoitaron directamente nas voces dos seus protagonistas e, ao seu remate, puideron manter conversar con eles.
Tratouse dunha "biblioteca viva", unha biblioteca humana na que os libros foron persoas dispostas a compartir as súas experiencias. Unha actividade que tivo unha acollidada excepcional. No 75aniversario o CRE quiso facer cousas que deran visiilidade á súa actividade diaria, e conseguiuno de cheo con esta colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación. Relatos como ‘¿Por que non me crees?’, no que Mariam contou o que acontece cando os demáis non cren que non é capaz de ver. Tamén ‘Xuntos cos ollos do corazón’, a historia de África e Cristian, dúas persoas que se namoran coa particularidade de que unha delas é cega». Tamén participaron unha profesora invidente o unha mestra de alumnos cegos, así como Susana e Rafa, pais dunha nena con discapacidade visual, e todos eles coa petensión de despertar conciencias e defender a inclusión.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30