Coa "Mostra do Encaixe" de Camariñas

camarinas_1con_foam_en_plaza.jpg

A presentación do cupón do día 6 de abril que estará dedicado á XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que tiivo  lugar na famosa localidade da  Costa da Morte, abriu a semana de actividades , moitas delas virtuais, para conmemorar o evento debido ás restriccóons derivadas da  pandemia da Covid19.O  delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, desprazouse a Camariñas para facer entrega á alcaldesa da localidade, Sandra Insua, dunha reproducción do orixinal do cupón enmarcado e presentalo oficialmente.

O cupón  reproduce unha paxarela negra realizada con encaixe camariñán que é a mesma que  leva o famoso modelo internacional  orixinario de Vimianzo, Adrián , no  cartel promocional da Mostra 2021.
O delegado da ONCE trasladou á alcaldesa a satisfacción da organización de poder sumarse ao trinta aniversario dunha Mostra  que toda Galicia asocia coas datas da   Semana Santa e que traspoasou fronteiras non só xeográficas senón tamén de calidade, ao  lograr captar a atención de deseñadores de renome e fama internacional. “ Desde a ONCE queremos sumarnos a todo o traballo. dedicación e esforzo de ducias de xeracións de mulleres que converteron o Encaixe de Camariñas en algo único e excepcional”, sinalou Manuel Martínez.

 

Na imaxe vese a Manuel Martínez e Sandra Insua, na compaña dos concelleiros e a directora do  Mostra, posando cunha reproducción  do cupón no interior do Museo do Encaixe


Pola súa banda, a alcaldesa camariñán  explicou que por sefgundo ano consecutivo, a á consecuencia da pandemia, a Mostra terá que realizarse  virtualmente , ainda que esta celebración a través das redes sociais  ten novidades, como o centrarse na comercialización do encaixe e na  publicación das coleccións do  certame de  xóves deseñadores.Para fomentar a actividade comercial e apoiarar o traballo anual do comercio local durante a semana do 30 de marzo ao 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través de Facebook unha serie de produtos con encaixe con descuentos especiaises e na web da Mostra  habilitarase un espazo para esas ofertas.

 

Imaxe do cupón dedicado á XX Mostra do Encaixe de Camariñas

 


Sandra Insua también lembrou que do 8 ao 12 de outubro está previsto realizar a  Mostra presencial, si as condicións o permiten. No acto celebrado para presentar o cupón tamén estiveron presentes o tenente de alcalde , Sergio Caamaño; a directora da Mostra, Dolores Lema e a concelleira de Turismo e Encaixe, Encarna Liñeiro. Entre todos mostráronlle ao delegado territorial as dependencias do Museo do Encaixe, con explicacións do traballo das palilleiras.

 

Imaxe das mascarillas realizadas con encaixe para lucir na pasarela da Mostra do Encaixe

Publicador de contenidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Publicador de contenidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)