Chévere recolleu o I Premio FTV
Coincidindo coa primeira edición do Festival de Teatro Valacar, concedeuse o "I Premio FTV de Integración nas Artes Escénicas" ao grupo de teatro santiagués Chévere. O seu director, Xesús Ron , e unha das súa actrices, Patricia de Lorenzo, recolleron o galardón que lles foi entregado polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan na recén inaugurada Sala Teatral Alternativa e Intermitente do Edificio ONCE de A Coruña. Xesús Ron agradeceu o galardón e fixo fincapé no compromiso do grupo e tódos os seus compoñentes co teatro accesible e inclusivo para tódalas discapacidades.
Os promotores do acto sinalaron que o PREMIO FTV 2018 recaeu no Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) por “facer realidade o compromiso, apoio e organización de funcións de teatro accesible, dando a oportunidade a calquera persoa, independentemente das súas capacidades, de poder disfrutar das artes escénicas.
Asimesmo, lembraron que o espectáculo de Chévere “Eroski Paraíso” foi completamente accesible para calquera discapacidade, e que en dicembro de 2017 fixeron funcións con audiodescrición, subtítulos e linguaxe de signos e que neste ano 2018 Chévere fixo para o Centro Dramático Galego #8211CDG- a obra “Divinas Palabras” de Valle Inclán en galego, que representaron nunha función totalmente accesible no Salón Teatro de Santiago, con audiodescrición, lingua de signos e lectura doada.
O Premio FTV concédese a persoas, empresas, ONG e entidades públicas ou privadas que salienten pola súa traxectoria a prol da integración, en todas as súas variantes, das persoas con diversidade funcional nas Artes Escénicas (teatro, música ou danza). O promotor do galardón é o Grupo de Teatro Valacar, da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais de Galicia, ligada á ONCE. A presidenta da Asociación e Xefa de Servizos para Afiliados de ONCE-Galicia, , Dolores Venancio introducíu o acto lembrando a traxectoria de 30 anos de teatro de Valacar, nacido en A Coruña, así como a importancia do Movemento Teatral ONCE no desenvolvemento cultural , que lle valeu un Premio Max.
Dolores Venancio encabezou o Xurado encargado de conceder o premio FTV 2018 , do que tamén formaron parte Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE; os actores de Valacar Yésica Val, Willy Méndez y Felipe Cotelo e o director do grupo, Pedro Rubín.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31