¡Todos a MIMOC 2019!
ONCE Galicia vai estar presente esta fin de semana, do 15 ao 17 de febreiro, na II Mostra Internacional do Mundo do Lecer, MIMOC 2019, que se celebrará no recinto feiral Expocoruña. Durante tres días, MIMOC 2019 reunirá nun mesmo espazo a empresas destacadas do mundo do lecer co obxectivo de dar a coñecer as últimas novidades do sector.
A ONCE de Galicia terá presenza neste evento cun espazo interactivo, no que haberá material adaptado para persoas con discapacidade visual e aberto a todo tipo de público que desexe coñecer un pouco mais das actividades que promovemos desde a ONCE ou mesmo para porse na pel dunha persoa cega, por exemplo, colocándose un antifaz e subindo a un tándem para realizar un pequeno percorrido dentro das instalacións do recinto feiral.
O programa que levamos é o seguinte: Actividades Deportivas de Ciclismo en tándem, coa colaboración do Clube Ciclista Mesoiro; exhibición de judo o sábado de 11:30 a 13:30 horas, coa colaboración do noso compañeiro afiliado, Pucho Boedo, mestre de judo e medallista paralímpico, e xadrez o domingo, coa participación do equipo de xadrez da ONCE para xogar con todas as persoas interesadas. Tamén haberá unha partida simultánea dirixida polo mestre Daniel Rivera, o domingo ás 12:00 e as 16:00 horas.
Haberá atividade musical o venres ás 18:00 horas, a cargo do afiliado JESÚS SUÁREZ, líder do grupo rock MAR DE FONDO, que ofrecerá un concerto acústico no espazo da ONCE. O programa da ONCE rematará cunha charla o sábado ás 12 horas, a cargo de Ángeles Fernández de Usera, técnico de rehabilitación da ONCE e Nieves García Longueira, animadora sociocultural da ONCE, que falarán sobre “ Recursos, adaptacións e experiencias de tempo libre en persoas con discapacidade visual”.
- L
- M
- M
- J
- V
- S
- D
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31