Sentir o Mar na Ría de Muros

Secciones: CRE
sentiromarnavegando.jpg

Un grupo de 43 persoas,, a maioría deles mozo se mozas afiliadas, viviron na Ría de Muros e Noia unha experiencia única de navegación tradicional. Tratábase de pór en práctica a actividade "Sentir o Mar", desenvolvida por persoal do CRE de Pontevedra e a Xunta de Galicia coa colaboración da confraría de pescadores de Muros, que se presentou en decembro nas instalacións portuarias da localidade pero que o mal tempo impedira rematar coa práctica da navegación.

Participaron varios barcos: o  galeón Joaquín Vieta, as embarcaciones Ostreira #8211 Abelleira e Xesteira, o bote Lancaño, e incluso unha embarcación adaptada, entre outras. Unha vez a bordo,  os patróns e mariñeiros explicáronlles as diferentes partes das embarcacións (babor, estribor, proa e popa, os nomes dos cabos, para o que se valeron de maquetas realizadas no CRE que reproducían as distintas embarcacións participantes. A xornada desenvolveuse un sábado primaveral e algunhas embarcacións saíron da dársena con motor e logo desplegaron a vela; outras xa sairon diretamente coas velas despregadas e outros máis tiveron que convertirse en remeiros temporalmente  para adentrase na ría.

 

Unha moza afiliada coñece a distribución da embarcación na que navega a través dunha maqueta a mesma

 

Deixando atrás o porto muradán, as embarcación surcaron as augas  durante dúas horas cos afiliados da ONCE a bordo, primeiro cara ás bateas fondeadas na ría (entre as que algúns tiveron a sorte de ver a un grupo de arroaxes), para logo seguir a costa de Portosín, Porto   do Son e Corrubedo  cara á Louro e  virar finalmente cun cambio de vela para atracar no porto muradano, onde  disfrutarob dun xantar tradicional galego ( mexilóns, empanadas variadas, etc) en compañía de patróns, mariñeiros e organizadores da xornada, que volcáronse en atencións durante toda a estadía na localidade. Adxuntamos varias instantáneas tomadas durante a xornada mariñeira.

 

Unha moza afiliada experimenta o labor de guiar a embarcaci´pon baixo a supervisión dun mariñeiro

 

O xove afiliado cangués Iván Novegil aprendendo  a guiar a embarcación embarcación

 

Na imaxe, o director do CRE e outros afiliados a bordo dunha embarcación

 

Imaxe da Lonxa de Muros durante o xantar

 

 

 

 

Publicador de contenidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Publicador de contenidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)