Selectividade para "dez heroes"

Secciones: Actividades
poabauenpontevedra3.jpg

Cos habituais nervios e os últimos repasos a libros e apuntamentos, dez  estudantes con diferentes discapacidades enfróntaronse á ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, no CRE da ONCE en Pontevedra, onde recibiron a vsita do Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa e o delegado da Universidade de Vigo na CIUG, Iván Área,  que percorreron as instalacións acompañados polo director do Centro, José Ágel Abraldes.


Conscientes de que do resultado destas probas de acceso á Universidade depende o seu futuro académico e tamén o profesional, os dez realizaron as probas apoiados polas axudad técnicas especiais postas á súa disposición e os exames remataron coa satisfacción reflectida nas facianas de todos eles.  “Estamos aquí para facer unha dobre homenaxe”, salientou Reigosa na súa visita querendo pór en valor o esforzo “destes heroes”, dez alumnos e alumnas chegados de diferentes puntos de Galicia, á vez que “agradecer extraordinariamente” o traballo que realiza a ONCE “para que as persoas con discapacidade poidan realizar unha carreira universitaria”. Reigosa tamén puxo en valor o traballo realizado polos responsables da ABAU “mellorando cada ano os procedementos para que a xente teña igualdade de oportunidades”, mentres que Area insistiu na implicación e as “magníficas instalacións” que a ONCE pon á disposición da CIUG para a realización destas probas a dez dos 116 alumnos con necesidades especiais que se someten nestes días á ABAU. Adaptacións que teñen por obxecto “tratar con igualdade aos desiguais”, engadiu José Ángel Abraldes, director do CRE, centro que colabora con estas probas desde hai 26 anos.

 

Na imaxe aparecen o Reitor da Universidade de Vigo e o director do CRE da ONCE en Pontevedra


 


 

Publicador de contenidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Publicador de contenidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)