CAIXÓN DE XASTRE

Secciones: Protagonistas
caixon_de_xastre1_1.jpg

Caixón de novas que falan desde o  apoio da Delegación territorial á loita contra o Cancro de mama teñindo a sús fachada de rosa, pasando polos novos artiluxios deseñados por Fundación ONCE para mellorar a vida das persoas con discapacidade,  ata chegar ao avance do deseño dunha maleta de intelixencia artificial

Novos deseños de obxectos en  3D

Fundación ONCE presentounovos deseños de obxectos para a súa impresión en tres dimensións cos que pretende mellorar a vida diaria dae persoas con discapacidade. O proxecto foi posible grazas á colaboración do Real Patronato sobre Discapacidade e o seu obxectivo é desenvolver produtos asequibles que  fagan máis doaas tarefas cotiáns ás persoas con discapacidade.

Algúns deles son  un prolongador de asa para a maleta, un punteiro para teclear ou diferentes modelos de vasos, con escotadura e cónicos, que permiten beber con comodidade e seguridade  a aquelas persoas que non poden realizar a extensión do  pescozo.

 

Fotografía de dúas das tazas deseñadas por Fundación ONCE para impresión 3D

Outro soporte para maleta; distintos pomos para os mandos das cadeiras de rodas eléctricas #8211en cadeira de montar e en “U”-, e unha palanca para chave de cisterna, completan a listaxe de oxectos que foron deseñados por Fundación ONCE.

Todos eles engádense aos obxectos que xa estaban dispoñibles, comoo soporte na cadeira de rodas para colgar o bolso, o reposa antebrazos que se adapta á mesa para dar soporte adicional a aquelas persoas que, por diferentes motivos, non teñan a posibilidade de manter a postura, ou unha carcasa que axuda a escribir con precisión nun teclado a aqueles que precisan apoiar toda a man.

Os ficheiros dos distintos deseños atópanse no portal ‘Accessibilitas’, dentro da sección ‘Productos de apoyo’, onde tamén podemos consultar novas, normativa, boas prácticas e outros contidos máis relacionados ca accesibilidade universal.
 

Co cancro de mama

A fachada acristadada do edificio da Delegación Territorial da ONCE en Galicia, no Obelisco coruñés, tiñeuse de rosa o  luns 19 de octubre para  conmemorar o Día Internacional do Cancro de Mama , xornada de apoio na súa loita aos milleiros de persoas que o sofren no mundo e para lembrar a todas aquelas que perderon a vida a causa desta doenza . O edificio da D.T. uniuse aos máis representativos da A Coruña, apoiando o chamanento de colectivos e e asociacións sobre a prevención e a realización de revisións periódicas para unha posible detección temperá da enfermidade no caso de padecerla. Neste senso, A ONCE volcouse ao rosa en sinal de apoio. 

 

Fotografía do Edificio ONCE en A Coruña iluminado de rosa en apoio á loita contra o CAncro de mama

 

Maleta con intelixencia artificial podería reemplazar a bastóns e cans guía.

Ese é o desafío a que afronta Chieko Asakawa, científica informática e investigadora de IBM, cega desde a súa infancia:  inventar unha maleta de alta tecnoloxía que a axude a chegar au seu destino nas numerosas viaxes que realiza ao ano  de xeito seguro e eficiente.

Equipada con cámaras e sensores #8211moitas das mesmas tecnoloxías que se atopan nun  un automóvil autónomo#8211, a maleta utiliza intelixencia artificial para mapear o entorno ao seu arredor. Calcula as distancias entre o usuarioe os obxectos, tanto fixos como móbiles. Por outra banda,  se utiliza unha aplicación de teléfono móbil para programar un destino na maleta, que planifica unha ruta e dirixe ao  usuario a través de vibracións no mango.
A maleta tamén conta con tecnoloxía de recoñecemento da faciana, que pode notificar ao usuario se un amigo está preto del. Tamén pode marcar tendas e outros lugares de interese próximos e dirixir ao usuario cara eles se llelo solicita.
O concepto está desenvolvéndose desde 2017 e Asakawa di que hai esperanzas de comercializar a maleta. Xa se plantexa un plan piloto para probala nun aeroporto, nun centro comercial e noutros espazios públicos. Aida que a  versión actual está demasiado chea de tecnoloxía para gardar roupa, eso podería cambiar no futuro.

 

Imaxe do propotipo da maleta robot


Asakawa dedica a súa vida ao desenvolvemento da tecnoloxía de accesibilidade e entre as súas creacións está el «IBM Home Page Reader», o primeiro  navegador de voz que permitiu o acceso a Internet para persoas cegas e con discapacidad visual. Asakawa está  incluida no Salón da Fama dos Inventores Nacionais de Estados Unidos  dende 2019..

«Abrirá moitas portas  para as persoas cegas, porque poderíamos ir a cualquera parte por nós mesmos, di Asakawa. A tecnoloxía evolucionará de forma natural, predice, a medida que os compoñentes vólvense máis pequenos, lixeiros e potentes. Unha maleta intelixente é un gran escaparate de cómo a intelixencia artificial e a tecnoloxía poden cambiar a vida das persoas con discapacidades visual.

 

 

 

Publicador de contenidos

Calendario

  1. L
  2. M
  3. M
  4. J
  5. V
  6. S
  7. D
  8. 1
  9. 2
  10. 3
  11. 4
  12. 5
  13. 6
  14. 7
  15. 8
  16. 9
  17. 10
  18. 11
  19. 12
  20. 13
  21. 14
  22. 15
  23. 16
  24. 17
  25. 18
  26. 19
  27. 20
  28. 21
  29. 22
  30. 23
  31. 24
  32. 25
  33. 26
  34. 27
  35. 28
  36. 29
  37. 30
  38. 31
Eventos del mes
No existen eventos para este mes

Publicador de contenidos

Webs de ONCE

Logo de la web de ONCE (Abrir en nueva ventana)